QUEN SOMOS, COMO TRABALLAMOS


Traducións

En MALLOL TRADUCTORS ASSOCIATS, S. L. comezamos o noso labor no eido das traducións no ano 1979. Pouco despois incorporamos aos nosos servizos as correccións e as transcricións. Polo tanto, contamos con moitos anos de experiencia continuada, o que nos proporciona suficiente seriedade e competencia para poder satisfacer calquera necesidade de edición e tradución de textos que nos presenten os nosos clientes.

Traballamos con profesionalidade, co máximo rigor e con calidade. Alén diso, procuramos ser moi puntuais na entrega das encargas.

As traducións sempre as realizan tradutores nativos da lingua de chegada. Por iso, non só aseguramos a adecuación do idioma no resultado final, senón que garantimos tamén a exactitude do sentido do texto. Temos tradutores especializados en diversos eidos: literario, xornalístico, publicitario, cultural, empresarial, xurídico, bancario, comercial etc. Para as traducións entre os idiomas peninsulares (catalán, castelán, vasco e galego), contamos con tradutores profesionais con anos de experiencia na materia.

O proceso de tradución compleméntase, sempre que o cliente o desexe, coa corrección do texto final por parte do noso equipo de correctores e editores de textos. Este complemento quizais encarece o prezo final respecto ao doutras empresas semellantes á nosa, mais garante a calidade do traballo realizado. Non nos gusta facer as cousas a medias.


Correccións

Realizamos correccións de todo tipo: meramente ortográficas, mais tamén de estilo e de formato. Contamos tamén, como no equipo de tradución, con correctores especializados en diversos eidos: literario, xornalístico, publicitario, cultural, empresarial, xurídico, bancario, comercial etc. Naturalmente, respectamos sempre os estilos ou formatos orixinais, pero tamén podemos unificar os criterios formais ou estilísticos dun mesmo documento se se nos solicita que así o fagamos (por exemplo, cando son orixinais elaborados por máis dunha persoa). Resumindo, gústanos dicir que deixamos os textos preparados para levalos «directamente á imprenta».


Transcricións

Finalmente, tamén realizamos transcricións de textos orais. Temos un equipo de transcritores profesionais, con ampla experiencia neste eido e cun nivel de calidade moi alto. Proba diso é que este equipo é contratado habitualmente para levar a cabo as transcricións de actos institucionais e de entidades e empresas públicas e privadas de máximo nivel. Sempre de acordo co cliente, o equipo de transcrición pode limitarse a realizar unha transcrición puramente en sucio ou pode introducir no texto as correccións lingüísticas mínimas —mantendo sempre a fidelidade do discurso do orador— para que o traballo resultante se poida imprimir inmediatamente. As transcricións deste segundo tipo sempre pasan polo equipo de corrección.

Pídanos orzamento sen compromiso.
As nosas referencias.