PEDIDOS E ORZAMENTOS

O noso procedemento de atención ao cliente inclúe a elaboración previa dun orzamento detallado, cos prazos de entrega do traballo. O prazo de entrega comeza contar a partir do momento en que o cliente aproba o orzamento.

Unha vez establecida a forma de pagamento que máis conveña a ambas as partes, e tendo sempre en conta o volume do traballo realizado e a continuidade dos pedidos, o traballo remítese ao cliente por correo electrónico.


Pida orzamento

Se lle interesa un orzamento detallado, encha as seguintes casas, sen ningún compromiso, para que poidamos realizar unha previsión indicativa, ou chámenos por teléfono ou escríbanos, e atenderémolo o antes posible.


* Campos obrigatorios
*Nome: Enderezo:
*Apelidos: Poboación:
Empresa: Código postal:
*Teléfono: País:
*Correo electr.: Fax:
Lingua orixinal: Lingua de chegada:
Tipo de tradución: Número de palabras:
Observacións:
 


Se desexa un orzamento definitivo, cómpre que poidamos analizar os documentos orixinais. Pódenolos enviar a info@jmallol.com, unha vez enchido o formulario anterior.

O prazo de entrega do traballo realizado pode calculalo sobre a base dun ritmo medio dunhas 3000 palabras/día de luns a venres, ao que cómpre engadir normalmente un tempo proporcional suplementario para a xestión, corrección e edición dos traballos. Estes prazos tamén están suxeitos á análise previa dos documentos orixinais. Loxicamente, en casos de urxencia, tamén podemos asumir traballos diarios máis voluminosos, en fins de semana, vacacións etc., coas recargas ou suplementos que correspondan.
Para resolver dúbidas ou realizar calquera suxestión, pregámoslle que se poña en contacto connosco:

info@jmallol.com